O meu proxecto

É necesario recuperar o orgullo de ser socialistas en Galicia.

Por iso presento a miña candidatura ao proceso de Primarias á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE, un proxecto cheo de ilusión que quere recuperar o talento do partido socialista, abrir as súas ventás e poñelo a disposición dos galegos e as galegas, e no que as nosas accións xiren en torno a un único e gran obxectivo: a defensa dos intereses de de Galicia.

O modelo que nós ofrecemos non se resigna a ser terceira forza política, fuxe do sectarismo, da exclusión. En definitiva, queremos contar con todo o talento e as gañas que temos dentro do Partido Socialista, que a militancia sexa a protagonista.

Vou facer unha campaña en positivo, centrada en ideas e propostas que permitan que o PSdeG volva a conectar e a ilusionar á sociedade galega.

Xuntos vamos facer un partido mais forte.

 

Valentín González Formoso,

Candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE

At vero eos et accusamus et iusto odio digni goikussimos ducimus qui to bonfo blanditiis praese. Ntium voluum deleniti atque.

Melbourne, Australia
(Sat - Thursday)
(10am - 05 pm)