Valentín G. Formoso chama á “participación masiva de todos os compañeiros e compañeiras para servir de exemplo á cidadanía galega”

Valentín González Formoso fixo hoxe efectivo o seu voto para o proceso de Primarias á Secretaría Xerla do PSdeG-PSOE, que se celebra hoxe, sábado 30 de outubro. Na sede da agrupación socialista das Pontes o candidato chamou á “participación masiva de todos os compañeiros e compañeiras para servir de exemplo á cidadanía galega”.

Formoso explicou que “hoxe é un día francamente bonito para esa expresión democrática que só o Partido Socialista pode desfrutar internamente, como son as Primarias” e subliñou que “é o día no que o PSdeG ten que dar exemplo á cidadanía galega de que estamos implicados nos procesos democráticos, que sabemos desfrutar deles”. Para o candidato é moi importante que “a militancia teña a potestade de escoler os seus liderados a través dunha ferramenta que nos sitúa á vangarda na implantación dos procesos democráticos na vida política”.

Pola tarde Valentín González Formoso desprazarase ata a sede nacional do PSdeG en Santiago de Compostela para facer desde alí, a partir das 20:30 horas, un seguimento do proceso electoral e do reconto de votos.

At vero eos et accusamus et iusto odio digni goikussimos ducimus qui to bonfo blanditiis praese. Ntium voluum deleniti atque.

Melbourne, Australia
(Sat - Thursday)
(10am - 05 pm)