Valentín González Formoso: “queremos un PSdeG forte e unido e Galicia tamén o necesita”

Valentín González Formoso continuou esta tarde en Oleiros, Arteixo e Culleredo a súa rolda de encontros coa militancia socialista galega e reivindicou que “non só nos, os e as socialistas, queremos un PSdeG forte e unido, Galicia tamén necesita este modelo de partido, un Partido Socialista que se erixa como unha alternativa clara ao goberno de Feijoo”.

O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG-PSOE explicou que en cada encontro que está a manter coa militancia das catro provincias percibe a súa “ilusión por levar ao PSdeG ao lugar que se merece” e lamenta “o curto prazo” do proceso de Primarias “imposto pola dirección en funcións do partido, que nos impedirá chegar a moitas agrupacións que están reclamando a nosa presencia”. “Agardamos que o debate sirva para facer chegar a cada compañeiro e compañeira o noso proxecto”, afirmou.

Valentín González Formoso propuxo hoxe a celebración un debate este mércores ou xoves entre os dous candidatos á Secretaría Xeral do PSdeG para “contrastar os dous modelo de partido que se propoñen para o futuro do socialismo galego” e complementar a información que os compañeiros e compañeiras están a recibir por parte dos dous candidatos.

 

At vero eos et accusamus et iusto odio digni goikussimos ducimus qui to bonfo blanditiis praese. Ntium voluum deleniti atque.

Melbourne, Australia
(Sat - Thursday)
(10am - 05 pm)