Valentín González Formoso propón un debate este mércores ou xoves para “contrastar os dous proxectos de futuro que se propoñen para o PSdeG”

  • Valentín González Fomoso
  • Novas
  • Novas
  • Valentín González Formoso propón un debate este mércores ou xoves para “contrastar os dous proxectos de futuro que se propoñen para o PSdeG”

Valentín González Formoso propuxo hoxe a celebración un debate este mércores ou xoves entre os dous candidatos á Secretaría Xeral do PSdeG para “contrastar os dous proxectos de futuro que se propoñen para o partido” e complementar a información que os compañeiros e compañeiras están a recibir por parte dos dous candidatos.

Formoso amosou a súa “máxima dispoñibilidade” para a celebración deste debate con Gonzalo Caballero e propón facelo en horario de mañá para “non interferir cos encontros coa militancia xa previstos, dado o pouco tempo que a dirección actual galega nos deu para explicar as razóns e facer unha reflexión conxunta coa militancia dos 313 concellos de Galicia”. “Temos un mes, cando podían ter sido dous. Temos moitas peticións de agrupacións que queren que vaiamos a explicar o noso proxecto pero, co pouco tempo que nos deixaron, non vai a ser posible”. Neste sentido subliñou que “o debate servirá para chegar a cada compañeiro e compañeira e reflexionen e voten libremente sobre cal é o modelo de PSdeG que quere”.

Formoso afronta esta última semana de Primarias “con máis ilusión ca nunca pola empatía que percibimos co noso proxecto ao longo e ancho do país no pouco tempo que temos para explicalo, esa empatía de compartir un modelo de partido que aspire a gañar as eleccións autonómicas en Galicia e que non se resigne a ser terceira forza política, que se rebele contra as enquisas facendo o que ten que facer un partido que leva sendo o vehículo social da ilusión neste país durante os últimos 40 anos, que é estar ao carón da cidadanía e ter criterio nos asuntos do país”.

Potencialidade do sector primario

O candidato, que xa a pasada semana presentou as súas 10 propostas para sumar e avanzar en Galicia nas que a aposta polo rural ocupa un lugar destacado, salientou hoxe as potencialidades do sector primario e reivindicou que “o rural galego require da implicación e dunha visión moi proactiva de todas as administracións”. “Galicia ten que ter unha postura clara, de liderado, de respecto e de preservación dos mundos agropecuarios e agroforestais do noso país para que teña un papel protagonista dentro do gran acordo verde europeo”, subliñou.

Formoso aposta por un modelo de futuro para o rural galego “onde a prestación de equipamentos e de servizos sexa equiparable á do mundo urbano, para que as persoas que viven nestes lugares poidan quedarse alí a desenvolver o seu modo de vida persoal e laboral, conseguindo así fixar poboación no rural”.

Valentín González Formoso continuará esta tarde a súa rolda de encontros coa militancia en Oleiros (17 horas, sede da agrupación), Arteixo (19 horas, sede da agrupación) e Culleredo (20:45 horas, Edificio de Servizos Múltiples).

At vero eos et accusamus et iusto odio digni goikussimos ducimus qui to bonfo blanditiis praese. Ntium voluum deleniti atque.

Melbourne, Australia
(Sat - Thursday)
(10am - 05 pm)