Presentamos o noso lema para as Primarias do PSdeG do 30 de outubro:
SUMAR PARA AVANZAR >>
Toda unha declaración de intencións porque representa o modelo de PSdeG que queremos para o futuro:
SUMAR
Porque queremos contar con tod@s, incluso cas persoas que insisten en restar ou dividir.
Porque queremos activar todo ese talento e compromiso que temos na militancia do PSdeG.
Porque, como vimos no 40 Congreso do PSOE, só unid@s poderemos asumir os retos que nos esperan.
AVANZAR
Porque o PSdeG non pode caer no conformismo e a resignación.
Porque somos un gran partido que debe aspirar a gobernar Galicia.
Porque o progreso está no ADN do socialismo, que cando goberna rubrica sempre os maiores avances sociais.